Informe sobre os censurados sucesos contra a pretérita vangarda (día sesentanove e non fixen un relato erótico, todo mal)

Onte, sobre esa hora que sendo dezaoito todos adoitamos chamar seis, produciuse o inverosímil suceso que nesta nova se conta, relativa aos estraños comportamentos do suxeito de proba número dous. Este, non sendo aínda sometido a ningún dos exames que lle correspondería facer cando o número un...Iso, gabouse ante o comité de estudos de ter superado todos e cada un dos mesmos, expoñendo ante o abraiado buró a realización correspondente destes como se conseguise non...Iso. Como a finalidade última das probas, segundo explicou despois o director xeral de todos os coloutros dos que se está a tratar neste informe, non era obtención de bos resultados, se non precisamente...Iso, decidiron concluír o asunto coa  (...) do fachendoso suxeito e nomeando un novo suxeito dous, sen ter agardado ao que o primeiro de todos...Pois iso. Realmente un suceso estraño, mais co resultado agardado a fin de contas.
Non hai máis novas na vangarda, sempre lle disparan primeiro...
...
Iso.

PD: morrer coa dignidade ou sen ela, cousas dos recordos présos por un pretérito sistema... (eeeh, si, abaixo a dentaduuuuuuuuura).





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...