Patacas fóra de contexto (Doarquivo_14, día cincuenta)
Si, eu tiña que estar escribindo, mais a ver quen escribe co enfado que teño nas orellas. Porque aínda por riba que lle ensino un adianto exclusivo, inédito e demais termos,mófase de min. E iso foi unha mofa, ben o sabe el e ben o sei eu que para algo o coñezo... Neopoeta. De todo o que me podía chamar, tivo que escoller ese termo. Neopoeta, neopoetismo. Xa lle vale, ben sabe o que odio ese termo. Aínda un día llo comentei, sentados no bar de enfrente do edificio que está na terceira saída da rotonda.Si, acórdome de lle dicir : ‘Mira que moito me desagrada o termo de neopoeta. Pensa que se agora te chaman así, dentro de moitos anos serás algo así como un paleopoeta, o que é paranomasicamente semellante a paleto.E ti cres que está ben escribir para que te chamen pailán? A verdade, a min paréceme un mero agravio’. Así llo dixen, así o escoitou e así compartiu a miña tese léxica. E todo para que? Para se mofar de min, polo visto. El si que é un bo paleopailán, se se me excusa o termo.
E agora claro, a seguir escribindo isto. Pois vaia, vai ir ben o conto. Cambiar todo é unha tolería, non o penso facer. Levo meses enteiros a escribir para poder chegar e envialo con tempo. E, porén, non é máis cousa que neopoetismo...
Non, iso son parvadas. Non podo deixar que unha opinión acabe co meu traballo neo...Lírico. Co meu traballo lírico, iso mesmo. Se en verdade o motivo polo que se está a rir é porque non entende o proxecto. El nunca entendeu ren.
Recordo agora o momento no que lle descubrín a miña devoción pola poesía. Ese intre no que, emocionada, lle amosei toda a paixón que descubrira nos libros da biblioteca do edificio que está na segunda saída da rotonda e que, pouco a pouco, tentara plasmar nos meus primeiros versos íntimos. El miroume aos ollos, deixándome ver na súa face unha expresión de desacougo, e comentou cara o ar: ’Vaia, seica a prosa supoñía moito traballo para esa túa cachola, non?’
A xenreira que teño agora xa me sae ata polas pencas. Os recordos poden chegar a ser unha evasión moi desagradable. A evasión en si é moi desagradable, polo feito de que está evitando que te poñas a facer o que tes que facer. E eu debo escribir. Xa non só para envialo a tempo, se non para lle demostrar o moito que se está a equivocar. El, o prestixioso ensaísta, o aclamado pensador... O paleopailán (xa me comeza a me gustar a verba esta).
PD: os recordos lembran este terrible agravio á que agora mesmo xa ten que ser unha paleopoeta (eeeh,si, paleopailana).

Comentarios
Publicar un comentario