Pequenas expectativas ou os suspiros de resignación de Dickens ao ver plaxiado o seu título para tan pésima entrada (día cincuentanove)
Este relato tiña que ser escrito de día, así que fica nervioso agardando a chegada do mañá e dese sol que alumeará a súa incerta trama. Ata entón, recoméndavos que vos vaiades afandendo á pouca orixinalidade das súas repetitivas verbas para que, deste xeito, non teñades que pasar por un incómodo momento de verdadeira decepción dificilmente agochable e poidades vivir estas poucas horas que separan o voso cerebro lector da historia que contará neste mesmo lugar sen sentir unha expectación nerviosa. Ou o feito de ser conscientemente decepcionados tamén vola produce? Iso, queridos consumidores literarios, é cousa vosa. Polo que ao relato resta, esta breve introducción indefinida ha rematar agora.
A min tamén me toca agardar.
PD: os recordos miran expectantes o fondo do vello faiado...Que haberá? (Ehhh,si, xa se verá).
A min tamén me toca agardar.
PD: os recordos miran expectantes o fondo do vello faiado...Que haberá? (Ehhh,si, xa se verá).
Comentarios
Publicar un comentario