Prosa reconvertida en poeta (as tres R! , día cincuentaoito)

O reloxo móvese co vento
axitando as súas agullas como saúdo á leve brisa 
do serán. 
O vento  móvese ao compás do tempo e
 se agora mesmo tomásemos unha instantánea da escena que están a ver 
os nosos ollos
 non poderiamos observar como este responde efusivamente ao recibimento
 do tic-tac.  
O tempo móvese co reloxe
avanzando un chisco cada vez que o seu maxín escoita
o monótono son que produce esa eterna máquina
do ciclo vital.
E no medio deste ciclo
a min soio me move un desexo
que navega raudo no vento
que se inqueda co son do reloxe
e chorando suplica máis tempo
para estar 
xunta ti.

PD: os recordos crían que isto era prosa... Pois nada, a aprender a usar as comas (ehhh,si, rima e todo).



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...