Rincadoiro now (día sesentacinco)
Unha vez vin voar as pedras do Rincadoiro. Lanzábanas os rapaces novos, aqueles que non tiñan outra cousa coa que xogar que coa súa vida, de xeito rápido e asegurándose de que estas apuntaban á aínda pouco formada testa dos adversarios dese día. Iso a min, mentres me subía un leve arreguizo polas costas, pareceume o máis claro exemplo do que era a guerra.
Anos máis tarde, cando chegou isto (cada un sabe o que é), comprendín o errada que estaba. Aquela amena tarde de verán, as pedras que recibían os corpos magoados dos nenos eran xa coñecidas, un mero papel que se interpretaba pola pasaxeira diversión dunha temperá violencia. Agora, sen poder ver as pedras que apuntan a todo intre a nosa pouco formada testa, o único papel que se está a interpretar certo é o da morte.
O resto é medo.
PD: os recordos tamén teñen medo...Que está a pasar? (ehhh,si, de alguén o saber...).

Comentarios
Publicar un comentario