Triste 54 (Doarquivo_13, día corentanove)
Día cincuenta e catro. Non teño ben claro que sumase correctamente. Que se lle vai facer e, no fondo, que importará. O que importa é o repentino paso dos días e a tristura de poder ver como moitos deles semellan baleiros no meu maxín.Vaia, iso último soa bastante deprimente, mais polo menos acabo de conseguir quitar o autocorrector (a coherencia está sobrevalorada). Isto tiña que ser supostamente un relato hermético do transcurso dos meus días, pero ao final tanto intento de evadir a realidade estame a resultar un tanto molesta de ler, así que tentarei evitalo. E, non tendo logo moito máis que decir, abandoarei esta páxina para comezar outra na que espero conseguir a escrita dun relato (de calidade ben cuestionable) do que aínda agora que estou a acabar isto non teño clara a temática, pro como se di: ‘luns a ría e a tirar pra diante’ (creo que non é así). E iso, xa se voltará ( a saber en que estado, iso verase na forma na que escriba malia que seguramente se verá influenciada por este texto). Vale. (Escribo este vale porque me recorda ao final do post-scriptum d’ O misterio das badaladas’).
PD: non fora ese un bo día para os recordos deste faiado, polo visto (eeh, si, non me acordo, pro o verán afecta).
Comentarios
Publicar un comentario