Volta á escola na fin da outra escola, católica por certo (Doarquivo_21, día setentasete)

Crin necesario escribir isto, e só por crelo estouno a facer. O presente acontecemento que brindou portas abertas ao xa meu esquecido pasado escolar nesta aldea decidiron abrirse nun sinxelo acto no que, sen ter nada co que ligarme (máis ca amizade extraescolar cos meus anfitrións da xornada) cos ‘actuantes’ do mesmo, sentino unido á miña propia persoa. Todo aquilo que estiven a ver era xa ben coñecido, malia haber cambios en todos os aspectos posibles. Todo aquilo do que fun partícipe nesa xornada significou o primeiro reencontro co meu fogar.
Sei que soa ben artificioso todo isto, máis se acabo de recoñecer que unhas pasadas vivencias escolares son o que conforma a miña zona de comfort (bastante redundante isto último, ou paronomásico, eu que sei). Mais é o que podo afirmar agora mesmo. Quizais mañá califique isto de tolemia, quen sabe. Pero estámonos a centrar no presente do meu pasado, así que cómpre seguir.
O dito, que esa escola, sexa polo que sexa, é o lugar onde sinto que son. Nestes dous últimos anos sentín que miraba, que observaba, que escoitaba...Pero non era nada. Alí...Alí era unha compañeira (desastrosa, certo é), unha amiga (ou intento de), unha merluza...Unha persoa,en definitiva. E era incríbel.
Iso sentín hoxe, aínda que me decate agora do que significaba aquela sensación que invadía o meu baixo peito e alto estómago. Iso foi o que quedaba daquela rapaza que hai dous anos deixaba esa escola. Iso foi o ser e o de despois foi o non ser (sen cuestión). Iso foi ledicia.
Grazas por facerme ser, unha vez máis.

‘Agora xa non queda case ninguén dos de antes e os que hai, xa cambiaron...Xa cambiaron...Si.’

Descrición breve actual por autores da literatura galega:
-Era tempo de apandar
-Xente de aquí e de acolá
-Un paso adiante e outro atrás, Galiza
-Memorias de Tains
-Deixo en fin canto ben quero, quen puidera non deixar!
-...

Dacapoafin.//
ContiNua correnTe...isto continuará, quizais noutro espazo esquecido (verbas alleas e tempos idos).
 PD: ai, os nervios do non ser sendo...Tempos duros pra memoria (ehhh,si, educación secundaria personaxe secundaria...)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...