Recomeçar (día oitentacatro)
E chegou o día da liberdade, ese no que o faiado abreu entre as finxidas bágoas de adeus dos recordos, partindo estes posteriormente cara o seu anhelado destino: o teu carón. Así remata este illamento, o diario relato dunha espera agónica. Agora, soio temos que volver comezar. O que começa terá seu final Recomeçar Recomeçar... PD: a partir de agora, estes recordos volverán de xeito semellante a como o facían tres meses atrás: moi raramente (eeh, si, tentarei seguir escribindo e facer algo con xeito, quen sabe ao final como saen as lembranzas deste vello faiado).