nun intre, a miña vida cambiou. Erguinme por fin dun letargo que se alongou moito máis do debido, e pisei o chan inda húmido polas bágoas que caeran durante tantos anos dos meus ollos. Camiñei, e o meu corpo sentiuse lixeiro ao liberarse do mundo que cargaba ás costas. Ao esvarar de volta co verdín das pedras, decateime de que os meus movementos, torpes e desincronizados, seguían a ser os mesmos que deixara atrás pola aceptación dunha eterna derrota. Pouco podía entender agora como chegara a pensar iso; como se me podía ter metido no maxín que a miña existencia estaba inherentemente unida ao fracaso de quen nunca o ía intentar. ... Deixei inconcluso este texto tempo atrás, mais figúraseme agora que é unha boa maneira de que o faiado deixe ver as súas novas memorias, que tanto tempo estivo a gardar. (eeeeh si,benvidxs de volta!).
Estas follas virtuais están permanentemente manchadas polas verbas que escribo e borro, unha e outra vez. Malia que a simple vista non se vexa, este teléfono ten memoria de todo o que nesta páxina se escribiu antes de mostrar o texto definitivo: todos os fonemas que conxuguei en van e todas as ideas que desbotei e que levarían este texto de seguro por outros camiños. Pensándoo ben, este dispositivo tivo nalgún punto acceso a esa información e é capaz de ver a tempo real todos os meus erros, as miñas dúbidas, o que considero que é válido e o que non. Recorda iso? Coñéceme? Sabe da tristeza que plasmo ás veces, das miñas frustracións que dou en repetir unha e outra vez en todo o que escribo? Sabe do meu entusiasmo pasaxeiro, das cousas que me dán ledicia e que me empuxan a querer seguir a esforzarme? Sabe do amor que sinto con tanta intensidade? Dalgún xeito, é certo: estou forzando estas páxinas a recordar. Recordar todo o que son, todos os proxectos que, inda sendo desbotados, com...
O sol de setembro raia outra vez na xanela. Mentres soa unha apagada melodía na vella radio do avó, os coches recomezan o monótono andar ao traballo cun breve zunido de aborrecemento que parece levar os ritmos da música tristeira que poboa a habitación. Dende as follas dun carballo vello, o outono comeza a espertar, sorprendido e algo irritado por non poder desfrutar das súas ben merecidas vacacións. Que culpa tiña el do gran estoupido do inverno? Ningunha e, porén, tivo que empregar os calcetíns que gardaba no fondo dun caixón para aturar o inusual frío de xullo. Resignado ante a falta de respostas dun calendario ausente, espreguízase escoitando a triste melodía que emana deste vello aparato. Será quen de calmar a estación compañeira? Dende o vello carballo onde se atopa, non é quen de acertar unha resposta coherente. Haberá que tentalo, non? Haberá... Despois de todo, o sol de setembro raia outra vez na xanela. PD: o faiado abre a xanela para aproveitar esas derradeiras raiolas ...
Comentarios
Publicar un comentario