Recomeçar (día oitentacatro)

E chegou o día da liberdade, ese no que o faiado abreu entre as finxidas bágoas de adeus dos recordos, partindo estes posteriormente cara o seu anhelado destino: o teu carón. Así remata este illamento, o diario relato dunha espera agónica. Agora, soio temos que volver comezar.

O que começa terá seu final
Recomeçar
Recomeçar...

PD: a partir de agora, estes recordos volverán de xeito semellante a como o facían tres meses atrás: moi raramente (eeh, si, tentarei seguir escribindo e facer algo con xeito, quen sabe ao final como saen as lembranzas deste vello faiado).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...