Xadrez aínda? (día oitenta)

Así tiveses esas terras, o dinosaurio podería fumar cunha maior calma do que o está a facer no seu hábitat actual, unha esquencida folla dun caderno que deberías empregar para outras menos entretidas tarefas. Mais, quen sabe, cicais ao final consigas pór en xaque ao tan odiado exército das galiñas, esas caníbais forzosas que seguen a pensar que son libres.
Outras disertacións:
Non.
Non outra ves con seseo explosivo.
Que puxeche
O fluxo do campo eléctrico nunha superficie pechada é equivalente á carga que alberga dita área entre a permitividade eléctrica do medio no que se atopa o suxeito deste problema que seguramente na realidade non teña case nunca unha correspondencia certa.
Algo máis.
Tápate que vai frío.
E, xa que os pos en xaque
Eu digo
Mate!
Que gañas de té...

PD: este vello faiado conta coa colaboración dun cuarto verde e dunha misteriosa persoa. Levaba gafas escuras (ehhh,si, está a escribir agora mesmo, saúdos).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...