PD: (día oitentaun)

O vello faiado mírate dende a súa alta xanela. Quere escoitar as túas historias, gardar nunha nova morea de caixas baleiras os teus recordos con coidado agarimo. Mais ti... Ti non o miras, ti non o escoitas.

- Eu? Ben sabes que algo  estou a contar, malia que soio sexa esta nosa breve disputa.

- Mais ti...Ti non o miras. Non nos miras. Non me miras...Nin escoitas.

- A dozura que antano tentei amostrar está a chegar, mira, olla para...

- Olla ti para min. Olla para nós. Olla para o faiado. Por favor...

- Veña, mañá hei volver, ide abrindo esas caixas. 

-...
Pero non me estás a escoitar.

Post-data: ...
(Ehh,si, estaba xa no título)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

A vitoria de Atlas

Un xoves na habitación...