Pan e vento (sobre os ollos núos xedé vale non)

Ás só ás veces

Outras caio
Fondo
tanto como a vertixe que medra no meu peito
ou como o coitelo que se crava na barra seca de pan
que adoito comer
(porque me gusta comer pan)

Ás só ás veces
cando o baleiro que atopo agora
fica cheo de bolboretas
de fume
 de vento
 de fame
Algunha cousa que agoche
o baleiro do que estou a falar
e que por un momento evite
a caída da que antes falei

...

Mais as bolboretas van  durmir
E o fume fuxe
co vento que zoa 
en dirección NW
E a fame vaise coa barra seca de pan
que adoito comer
(porque me gusta comer pan)

E entón
O baleiro fica baleiro
e non hai ás 
que eviten a miña caída
sobre min mesma.
Fondo
...
...
...

Fondo...
E, no fondo...
Todo doe.
(porque me gusta comer pan)


PD: O faiado agardaba atopar prosa, mais saíron do fondo uns terríbeis versos contemporáneos. Que se lle ha facer! Quixeron as memorias saír así.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

A vitoria de Atlas

Follas virtuais (das notas do caderno dixital, 1)

Another one (bites the dust?): aí vén o outono!