Dinossauros (hoje eu extinto)
'Jà nem me lembro como era no começo
quando sabia tudo o que me esperava
e acreditava ser algue'm especial...'
...
'E agora
non somos máis que sombras.'
...
Doe chegar ata aquí e ver na calma reflexión da ría unha cara descoñecida. Unha cara que é a túa, pero descoñecida. Non che sorrí.
...
Doe chegar ata aquí e non saber o que un pensa. Vivir aquí dentro, escoitar o devagar das palabras cruzar de xeito monótono polo maxín, mais sen saber o que un pensa. Hai demasiadas cousas que pensar.
E non pensas.
...
Doe non poder definir o que sintes. Evitar o baleiro que se achega cada vez que intentas amar aos teus, e non podes definir o que sintes. Segue habendo algo no escuro...
Mais, sobre todo, doe.
...
Non teño motivos para escribir así, nin deixo de telos tampouco.Ás veces, todo o que son ensúmese nunha bágoa. Son pequena, síntome pequena e prescindíbel.
Cústame estar ben. E doe.
...
PD:
que as accións literarias non vos alonxen da realidade. Os faiados teñen dereito a memorias tristes.
Comentarios
Publicar un comentario