Borrador deprimido que sae á luz
Mil condeas para a miña alma esgotada.
Mil cadeas para as miñas ás derrotadas.
Son eu. Seino sen mirarme no espello, mais podería ir ao espello para constatar que si, son eu. Os meus brazos débiles, as miñas pernas grosas, as pencas que debuxan sendeiros de formiga pola miña cara...Non hai dúbida. Son eu.
Dentro non son eu. Dentro vive un monstro. Ás veces gáñolle e podo escaparme aquí a escribir sobre o que acontece. Mais outras veces está só el en min. E só hai dor. Se neses momentos fose ao espello seguramente non me recoñecería, pois unhas guedellas mais ben longas eclipsarían os camiños de formiga, deixando entrever uns ollos hinchados dunha cor verde, mentres que todos os membros tremarían froito do pánico que me produce a súa presenza.
Está ben, pro non me convence a parte do espello. Demasiado astral.
ResponderEliminarPd: falta Casiopea.